O MARCOS VALCÁRCEL EMPREGARÁ UNHA APISONADORA PARA CREAR UN GRAVADO EN HOMENAXE A CARLOS CASARES

Os artistas Fonso Castro, Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Xosé Poldras coordinan esta iniciativa de homenaxe ao mundo literario de Carlos Casares coa estampación dun gravado que vai ser estampado na rúa a carón do centro cultural. Despois da estampación o público poderá facer o seu propio gravado orientado polos artistas. En troques de usar un tórculo para a estampación da imaxe como é o hortodoxo nos talleres dos gravadores, desta vez as imaxes dos artistas e do público serán transferidas ao papel usando unha apisonadora, o que engadirá ao acto un certo carácter de performance.
Día: Sábado, 27 de maio.
Hora: 18:00 horas
Lugar: Exteriores do centro cultural “Marcos Valcárcel”


Día Internacional dos Museos en Ourense

Ourense celebrou o día dos museos no Centro cultural Marcos Valcárcel e na Galería Visol. Foto da última hora na Galería antes da retirada.

In tempus veritas en Ourense

O 5 deste mes de maio disfrutamos dunha calorosa acollida na Asociación Vía Vella do barrio da Ponte de Ourense, foi unha nova estación da viaxe pictopoética con Xabier Ron. A presentación correu a cargo de Serafín Alonso Pintos.