Luva negra agora en Ribeira

Benqueridos amigos: dende a A. C. Barbantia queremos convidarvos á presentación da carpeta solidaria Luva negra, que contén poemas de Alicia López e gravados de Xosé Poldras. Será o venres, 17 de marzo, ás 20.30 h no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira e contaremos coa presenza de:
- Pilar Sampedro (socia de Barbantia)
- Alicia López (poeta)
- Mariam Rodríguez Blanco (pediatra, expatriada e voluntaria de Médicos sen Fronteiras)
- Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (coordinador da A. C. Barbantia)
- Herminia Pouso Maneiro (Concelleira de Cultura de Ribeira).

O acto iniciarase coa intervención musical dos músicos Rafa Figueroa (fliscorno) e Manolo Sobral (bombardino) interpretando varios temas. Estes músicos forman parte da A. C. ESMU da Pobra e da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra.

No hay comentarios: