Entrevista con Moncho Conde-Corbal o 6 de novembro.
100 anos da Fonte de Duchamp
Estampa dun linóleo a partir da foto de A. Stieglitz da Fonte de Duchamp, sobre a portada do xornal de Ourense o día despois da exposición en Nova Iorque. E reportaxe de Mon Santiso en Zigzag sobre a obra.
Era unha vez o deserto...
Era unha vez o deserto... de Xosé Poldras
En outubro do 3 ao 27 na Galería Visol de Ourense
Inauguración o 3 ás 20,00 h. Rúa Sto Domingo 33
Filmando con Víctor Erice
Filmando con Víctor Erice é o taller que se celebrou no Centro Cultural Marcos Valcárcel organizado por La Plantación
A directora da curtamentraxe "Autorretrato", Jimena Martín Tercero invitoume a participar no seu traballo. Este é o enlace:
A directora da curtamentraxe "Autorretrato", Jimena Martín Tercero invitoume a participar no seu traballo. Este é o enlace:
O MARCOS VALCÁRCEL EMPREGARÁ UNHA APISONADORA PARA CREAR UN GRAVADO EN HOMENAXE A CARLOS CASARES
Os artistas Fonso Castro,
Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Xosé Poldras coordinan esta
iniciativa de homenaxe ao mundo literario de Carlos Casares coa
estampación dun gravado que vai ser estampado na rúa a
carón do centro cultural. Despois da estampación o
público poderá facer o seu propio gravado orientado polos artistas. En troques de usar un tórculo
para a estampación da imaxe como é o hortodoxo nos talleres dos
gravadores, desta vez as imaxes dos artistas e do público serán
transferidas ao papel usando unha apisonadora, o que engadirá ao
acto un certo carácter de performance.
Día: Sábado, 27 de maio.
Hora: 18:00 horas
Lugar: Exteriores do centro
cultural “Marcos Valcárcel”
Día Internacional dos Museos en Ourense
Ourense celebrou o día dos museos no Centro cultural Marcos Valcárcel e na Galería Visol. Foto da última hora na Galería antes da retirada.
In tempus veritas en Ourense
O 5 deste mes de maio disfrutamos dunha calorosa acollida na Asociación Vía Vella do barrio da Ponte de Ourense, foi unha nova estación da viaxe pictopoética con Xabier Ron. A presentación correu a cargo de Serafín Alonso Pintos.
In tempus Veritas en Lugo
O venres, estivemos na librería Trama de Lugo, presentando a terceira etapa da viaxe pictopoética. A foto é do xornal El Progreso
Luva negra agora en Ribeira
Benqueridos amigos: dende a A. C. Barbantia queremos convidarvos á presentación da carpeta solidaria Luva negra, que contén poemas de Alicia López e gravados de Xosé Poldras. Será o venres, 17 de marzo, ás 20.30 h no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira e contaremos coa presenza de:
- Pilar Sampedro (socia de Barbantia)
- Alicia López (poeta)
- Mariam Rodríguez Blanco (pediatra, expatriada e voluntaria de Médicos sen Fronteiras)
- Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (coordinador da A. C. Barbantia)
- Herminia Pouso Maneiro (Concelleira de Cultura de Ribeira).
O acto iniciarase coa intervención musical dos músicos Rafa Figueroa (fliscorno) e Manolo Sobral (bombardino) interpretando varios temas. Estes músicos forman parte da A. C. ESMU da Pobra e da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra.
- Pilar Sampedro (socia de Barbantia)
- Alicia López (poeta)
- Mariam Rodríguez Blanco (pediatra, expatriada e voluntaria de Médicos sen Fronteiras)
- Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (coordinador da A. C. Barbantia)
- Herminia Pouso Maneiro (Concelleira de Cultura de Ribeira).
O acto iniciarase coa intervención musical dos músicos Rafa Figueroa (fliscorno) e Manolo Sobral (bombardino) interpretando varios temas. Estes músicos forman parte da A. C. ESMU da Pobra e da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra.
In tempus veritas
Colografía invertida
Mi querido Xosé Poldras, siempre investigando, ha creado un nuevo
proceso de grabado superinteresante: COLOGRAFÍA INVERTIDA le llama...
combina en una misma plancha los
resultados de la punta seca y del grabado matérico. Si queréis saber de
qué se trata, venid el próximo día 11 de Febrero al monográfico que va a
impartir. augatinta@gmail.com
Suscribirse a:
Entradas (Atom)