Mercado dos sentires

Xabier de Sousa, Xosé Poldras, Fonso Castro e Isabel Somoza
convídante á exposición Mercado dos sentires.
Porque co brillo dos teus ollos, co soriso de satisfacción, co xesto de interese,
coa ledicia de saber que o colgaredes nese rincón, co agarimo co que o tocades... é co único que queremos que pagues estas obras.
Nesta ocasión non queremos nin un marchante, nin un frío coleccionista, nin un comerciante de sentimentos.
Porque non é momento de invertir en arte, senon de sentir, de crear e de compartir.
Por unha vez non tes que mirar o listado de prezos... o que queremos é que escoites o teu corazón,
elixas esa obra que te atrape e a leves de balde.

GUSTARÍANOS MOITO SENTIRTE, TOMAR UN GROLIÑO E BOTAR UNHAS RISAS. ¡AGARDÁMOSTE!

Augatinta. 7 de Marzo de 2015 ás 20:00h.
(Único día de exposición, ó peche as obras sairán con vós)