Presentación de SEN LIMITES no CGAC
CGAC / 7 de novenbro / dúas propostas: poesía a través do gravado e estrea do documental Catro na Burga
19:30 h / Presentación da carpeta de gravado Sen límites
Coa participación dos artistas Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras, o arquitecto Nelson Bardón e un representante da Fundación Curros Enríquez de Celanova.
Partindo da idea de límite que aplica o arquitecto Nelson Bardón nos seus proxectos, os artistas Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras elaboraron unha carpeta de gravados onde se recollen poemas de Xosé Luis Méndez Ferrín, Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferrreiro. O traballo plástico reinterpreta, dun xeito sutil, os poemas a través de diferentes linguaxes: o texto, o braille e a lingua de signos.
A carpeta Sen límites é unha edición de 50 exemplares

enREDarte
Intervención sobre a escultura de Asorey San francisco de Asís, unha das xoias do museo de Lugo.
Proxecto conxunto con Isabel Somoza e Xabier de Sousa.
Exposto un mes desde o día 17 de outubro.
Proxecto conxunto con Isabel Somoza e Xabier de Sousa.
Exposto un mes desde o día 17 de outubro.
Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
O Centro de Artesanía e Deseño de Lugo conmemora os150 anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro cun libro onde participan ilustradores e gravadores para pórlle imaxe a cada poesía. Esta colografía e gofrado ilustra o poema nº 16, realizada no obradoiro de portas abertas o 6 deste mes de outubro.
Reportaxe de Mon Santiso na TVG
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/carlos-andres-gonzalez-paz-e-os-pazos-galegos-a-restauradora-rocio-domenech-a-editorial-trifolium
Reportaxe de Mon Santiso na TVG emitido a noite do 13 ao 14 de abril dentro do programa Eirado. Minuto 12:45
Reportaxe de Mon Santiso na TVG emitido a noite do 13 ao 14 de abril dentro do programa Eirado. Minuto 12:45
galería Visol
O venres 12 deste mes, ás 20:00 h
inaugúrase na Galería Visol unha exposición colectiva que celebra
o 17 aniversario.
Rúa Sto Domingos, 33 Ourense
Eneida. Toxosoutos
Un Poldras ilustra a portada da versión
galega da Eneida, de Virxilio. Versión de Xoán Fuentes Castro, publicada por Toxosoutos este 2013
Louvanza da loucura en Cangas
Continúa a itinerancia da loucura....
Inauguración no Auditorio Municipal de Cangas o 1 de febreiro ás 20,00 h
Inauguración no Auditorio Municipal de Cangas o 1 de febreiro ás 20,00 h
Sen Límites na Casa dos Poetas de Celanova
O día 4 ás 12,00 h a Carpeta de gravados Sen Límites participará nos actos de clausura do ano de Celso Emilio Ferreiro en Celanova
Suscribirse a:
Entradas (Atom)