o proceso de Sen Límites

Neste enlace podedes ver como se cociñou a última carpeta que presentamos vai uns días:
En este enlace podéis ver cómo se cocinó la última carpeta que presentamos hace unos días:
Minuto, 15: 45

Sen Límites

No Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, preséntase o luns 12 de novembro.
Partindo da idea de límite que aplica Nelson Bardón na arquitectura, e coa súa colaboración, presentamos Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras unha carpeta de gravados onde se recollen poemas de X.L. Méndez Ferrín, M.Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, en texto, braille e unha imaxe froito da interpretación en linguaxe de signos.
En el Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, se presenta el lunes 12 de novembro.
Partiendo de la idea de límite que aplica Nelson Bardón en arquitectura, y con su colaboración, presentamos Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras unha carpeta de grabados donde se recogen poemas de X.L. Méndez Ferrín, M.Curros Enríquez y Celso Emilio Ferreiro, en texto, braille y una image fruto de la interpretación en linguage de signos.

artestr@za

Este verán comezou a itinerancia do proxecto no que participan múltiples artistas con obras sobre o papel de estraza que se elaboraba na fábrica de O Lousado en Piñor de Cea.
Este verano comenzó la itinerancia del proyecto en el que participan múltiples artistas con obras sobre el papel de estraza que se elaboraba en la fábrica de O Lousado en Piñor de Cea.

clausurada a Louvanza da loucura en Ourense

Para quen non puidera visitar a exposición, recollemos un enlace á TVG e outro a Miradas 2, minuto 12:40, con redacción de Domingo Bobillo.
Para quien no pudiera visitar la exposición, recogemos un enlace a la TVG y otro a Miradas 2, minuto 12:40, con redacción de Domingo Bobillo.

O catálogo da loucura


O mércores 11 de abril ás 20,00h, inauguramos Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Poldras, a visita da exposición Louvanza da loucura ao Museo Municipal de Ourense; esta mostra leva itinerando por diversas salas desde o 2008, cando a presentamos en Madrid, na feira internacional de gravado Estampa.
A versión en pdf do catálogo pódese pedir neste blog.
El miércores 11 de abril a las 20,00h, inauguramos Isabel Somoza, Xabier de Sousa y Poldras, la visita de la exposición Louvanza da loucura al Museo Municipal de Ourense; esta muestra ha itinerado por diversas salas desde 2008, cuando la presentamos en Madrid, en la feira internacional de gravado Estampa.
La versión en pdf del catálogo se puede pedir en este blog.

disfrácese de borrego

Este entroido dísfracese vostede de borrego, non se moleste en mudar a roupa, poña só esta barata máscara (imprimir e recortar) e mellor aínda en grupo, a facer un bo magote; neste caso teña en conta a posibilidade de que un/unha de vostedes poña a máscara dun lider carismático preferiblemente non relixioso, político mellor.
Ollo! pode facer un negativo da imaxe e disfrazarse de ovella negra. Anímese!
Este carnaval dísfracese usted de borrego, no se moleste en cambiar la ropa, ponga sólo esta barata careta (imprimir y recortar) mellor aún en grupo, y a hacer un buen rebaño; en este caso tenga en cuenta la posibilidad de que un/a de ustedes ponga la máscara de un lider carismático preferiblemente no religioso, político mejor.
Ojo! puede hacer un negativo de la imagen y disfrazarse de oveja negra. Anímese!

De rerum en Chicoria, Vigo

As máis de setenta obras que compoñen o Dererum natura, vense representadas por unha escolma suficientemente significativa para provocar e evocar a mensaxe.
Unha homenaxe, ao sentido do tacto, cada vez máis ignorada, nun mundo de sensibilidade secuestrada polas pantallas, onde nada do que se erixe como real se pode tocar. No océano do virtual, inspirados por Lucrecio, reclamamos tocar para creer.
Las más de setenta obras que componen el Dererum natura, se ven representadas por una selección suficientemente significativa para provocar y evocar el mensaxe.
Un homenaxe a lo sentido del tacto, cada vez más ignorado, en un mundo de sensibilidad secuestrada por las pantallas, donde nada de lo que se erige como real se puede tocar. En el océano de lo virtual, inspirados por Lucrecio, reclamamos tocar para creer.
Inauguración o 3 de febreiro ás 20,00h. Visitas de 17,00 a 20,00h. Ata o 9 de marzo
Rúa Chile 4 baixo. tel.: 676100034
Durante o mes de febreiro estarán expostas de novo ao público as xerras de viño que Agustín e Poldras xa presentamos o pasado agosto na cooperatica do Ribeiro. Son pezas orixinais deseñadas para seren usadas como xerras, e disfrutadas como pequenas esculturas.
Na antiga fábrica de papel de O Lousado en Cea, Ourense.
Durante el mes de Febrero estarán expuestas de nuevo al público las jarras de vino que Agustín y Poldras ya presentáramos el pasado Agosto en la cooperatica de O Ribeiro. Son piezas originales diseñadas para ser usadas como jarras, y disfrutadas como pequeñas esculturas.
En la antigua fábrica de papel de O Lousado, en Cea, Ourense.