In tempus Veritas en Lugo

O venres, estivemos na librería Trama de Lugo, presentando a terceira etapa da viaxe pictopoética. A foto é do xornal El Progreso

Luva negra agora en Ribeira

Benqueridos amigos: dende a A. C. Barbantia queremos convidarvos á presentación da carpeta solidaria Luva negra, que contén poemas de Alicia López e gravados de Xosé Poldras. Será o venres, 17 de marzo, ás 20.30 h no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira e contaremos coa presenza de:
- Pilar Sampedro (socia de Barbantia)
- Alicia López (poeta)
- Mariam Rodríguez Blanco (pediatra, expatriada e voluntaria de Médicos sen Fronteiras)
- Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (coordinador da A. C. Barbantia)
- Herminia Pouso Maneiro (Concelleira de Cultura de Ribeira).

O acto iniciarase coa intervención musical dos músicos Rafa Figueroa (fliscorno) e Manolo Sobral (bombardino) interpretando varios temas. Estes músicos forman parte da A. C. ESMU da Pobra e da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra.

In tempus veritas agora en Bertamiráns


In tempus veritas


Ron e Poldras presentamos esta carpeta con moita ilusión despois de tanto tempo no forno.
O 16 na Coruña, Librería Cascanueces.
Son cinco poemas de Xabier Ron espampados xunto con outras cinco imaxes.
As medidas 38 x 29 cm

Colografía invertida

Mi querido Xosé Poldras, siempre investigando, ha creado un nuevo proceso de grabado superinteresante: COLOGRAFÍA INVERTIDA le llama... combina en una misma plancha los resultados de la punta seca y del grabado matérico. Si queréis saber de qué se trata, venid el próximo día 11 de Febrero al monográfico que va a impartir. augatinta@gmail.com

Luva Negra en Augatinta

O xoves 24 estivemos no Centro de Gravado Augatinta, que ademáis de colaborar connosco, nos acolleu para a presentación en Lugo desta carpeta que vai percorrendo a xeografía de Galicia.

Giotaku na Galería Visol

Dentro da exposición que está tendo lugar na galería Visol, o martes 15, ás 19,30h farei, en compañía de Tareixa Taboada, un breve taller de giotaku aberto ao público.

                                                                                    Imaxe de Nelson Gardón 


Galería Visol


Gravados de Arxentina, Cuba e Galicia todo o mes na Galería Visol en Ourense
La ventana del arte

Luva Negra na Galería Circular, Allariz

Segue o periplo da nosa última carpeta pola xeografía galega, esta é a última presentación antes do verán

Luva Negra no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense

O xoves 26 de maio ás 20,15 h. presentamos Luva Negra no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, unha carpeta de gravados e poemas. Obra conxunta  Alicia López-Xosé Poldras.
Edición de coleccionista limitada a 1 exemplar BAT, 5 exemplares P/A e 50 exemplares numerados en números árabes.
Enlaces:
-Audio da entrevista e nova na web de Radio Obradoiro:
-Nova de El Correo Gallego en Santiago de Compostela:
- Audio da presentación do proxecto en "O Sombreiro de Merlin", Radio Obradoiro: 
-Artigo do "Galicia Confidencial":

Día dos museos na Galería Visol



Celebración do día dos museos na galería Visol de Ourense, con pintura e debuxos improvisados entre creadores e público. Con Xosé Vilamoure, Sula Repani, Miguel Karballo e Tareixa Taboada.

Médicos Sen Fronteiras

Santiago. Alicia López, María Díaz y Xosé Poldras presentaron ayer, en el salón de actos de EL CORREO GALLEGO, Luva Negra, una obra artística cuyo objetivo es destinar parte de la recaudación a Médicos Sin Fronteras para ayudarles a continuar trabajando en la actual crisis de refugiados. 
Máis
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/alicia-lopez-proyecto-queremos-poner-arte-servicio-causa-humanitaria/idEdicion-2016-04-15/idNoticia-991527

Luva Negra. Proxecto solidario

arte@b


 O SÁBADO 6 NO SOMBREIRO PRESENTAMOS O PROXECTO SOLIDARIO CON MÉDICOS SEN FRONTEIRAS "LUVA NEGRA", CON POESÍA DA NOSA DIRECTORA, ALICIA LÓPEZ E GRAVADOS DE XOSÉ POLDRAS. TEDES TODA A INFO NA NOTA DE PRENSA.
VÉMONOS ESTE XOVES!! MIL GRAZAS A TOD@S!!
http://www.radioobradoiro.com/portada/ro/proxecto-solidario-luva-negra-n-sombreiro-merlin/idEdicion-2016-04-09/idNoticia-990344/
— con Alicia Beatriz López Gallego, María Diaz, Xosé Poldras, O Sombreiro de Merlín, Manuela Arcos, Manuel Fernández y Carol Bret.

usstspace.esation

Telemiño Entrevista en Talleres

Enlace para ver a entrevista que emitiu Telemiño en maio:

Poesía Visual

Hixiene mental
O domingo 14 de xuño nova xuntanza de poesía visual, desta vez no taller.

Mercado dos sentires

Xabier de Sousa, Xosé Poldras, Fonso Castro e Isabel Somoza
convídante á exposición Mercado dos sentires.
Porque co brillo dos teus ollos, co soriso de satisfacción, co xesto de interese,
coa ledicia de saber que o colgaredes nese rincón, co agarimo co que o tocades... é co único que queremos que pagues estas obras.
Nesta ocasión non queremos nin un marchante, nin un frío coleccionista, nin un comerciante de sentimentos.
Porque non é momento de invertir en arte, senon de sentir, de crear e de compartir.
Por unha vez non tes que mirar o listado de prezos... o que queremos é que escoites o teu corazón,
elixas esa obra que te atrape e a leves de balde.

GUSTARÍANOS MOITO SENTIRTE, TOMAR UN GROLIÑO E BOTAR UNHAS RISAS. ¡AGARDÁMOSTE!

Augatinta. 7 de Marzo de 2015 ás 20:00h.
(Único día de exposición, ó peche as obras sairán con vós)

en AUGATINTA debuxo e monotipo

Comenzamos nuestros cursos monográficos.
Este sábado 24 de Enero estaremos con Xosé Poldras dibujando del natural y haciendo monotipos.
El plazo para matricularse finaliza este martes. Así que, si te quieres anotar... ¡todavía estás a tiempo!
En este taller Poldras nos enseñará a observar las formas y convertirlas en dibujo empleando diferentes técnicas, unas tradicionales y otras más intuitivas.
Se estamparán monotipos pintados del natural y se realizará una pequeña edición de estos.

Horario: 11 de la mañana a 7 de la tarde (comida en el taller)
Matrícula: 65€ (material y comida incluídos)
Plazas limitadas (20% dto. a los matriculados en todos los cursos)

Ensamblaxe gráfico. Galería Visol

O xoves 22 de xaneiro, entere as 18:00 e as 20:00 h, na galería Visol de Ourense celébrase un obradoiro de creatividade artística
Co título de Ensamblaxe gráfico, e na liña dos anteriores, que xa veño dirixindo en diferentes lugares, nel iniciados e non iniciados no terrreo da creación, poden experimentar algúns dos resortes que provocan a aparición dunha peza orixinal.

Biblioteca Rosalía de Castro. Diálogos

Do seis ao trinta de outubro as mesas de estudo da Biblioteca Rosalía de Castro do Campus de Ourense, Universidade de Vigo, están intervidas por debuxos de realizados con técnicas mixtas.
No vestíbulo gravados acompañados de textos de Eva Santaolalla e Eloy Hervella.

XXV ciclo de órgano

Exposición que conmemora os 25 años consecutivos de conciertos en Xunqueira de Ambia.

Vinte na Quintana


Vinte na Quintana. Casa da Conga
Santiago de Compostela
do 16 ao 27 de xullo de 2014.
Inauguración, mércores 16 de xullo ás 20:00 h

día dos museos 2014


Enlace para o vídeo elaborado pola Deputación de Ourense
recollendo os resultados do obradoiro do
18 de maio de 2014 e inspirado no taller de abril
https://www.youtube.com/watch?v=7XE209AYkTk&list=UUKWiRFqCsDb09wYSxpmnulQ

Debuxos na area

Obradoiro interdisciplinar onde Alicia López Gallego, Lucía Pereira Pardo, Xabier de Sousa,
Fon Castro, Isabel Somoza, Carlos González Villar, Xosé Luis Otero, Adela Rodríguez e Xosé
Poldras, traballamos con materiais de refugallo, atopados na casa ou na rúa para xogar con eles e
coas palabras facendo unha sorte de poemas visuais. O sentido final, facer unha fotografía da montaxe, eses materiais usados, por humildes que foran, non podían ser alterados e debían voltar ao seu estado orixinal unha vez feita a foto.

X. Poldras. Centro Cívico A Ponte, Ourense, 5 de abril de 2014

Presentación de SEN LIMITES no CGAC

CGAC / 7 de novenbro / dúas propostas: poesía a través do gravado e estrea do documental Catro na Burga

19:30 h / Presentación da carpeta de gravado Sen límites
Coa participación dos artistas Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras, o arquitecto Nelson Bardón e un representante da Fundación Curros Enríquez de Celanova.

Partindo da idea de límite que aplica o arquitecto Nelson Bardón nos seus proxectos, os artistas Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras elaboraron unha carpeta de gravados onde se recollen poemas de Xosé Luis Méndez Ferrín, Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferrreiro. O traballo plástico reinterpreta, dun xeito sutil, os poemas a través de diferentes linguaxes: o texto, o braille e a lingua de signos.

A carpeta Sen límites é unha edición de 50 exemplares

enREDarte

Intervención sobre a escultura de Asorey San francisco de Asís, unha das xoias do museo de Lugo.
Proxecto conxunto con Isabel Somoza e Xabier de Sousa.
Exposto un mes desde o día 17 de outubro.

Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

O Centro de Artesanía e Deseño de Lugo conmemora os150 anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro cun libro onde participan ilustradores e gravadores para pórlle imaxe a cada poesía. Esta colografía e gofrado ilustra o poema nº 16, realizada no obradoiro de portas abertas o 6 deste mes de outubro.

galería Visol

O venres 12 deste mes, ás 20:00 h inaugúrase na Galería Visol unha exposición colectiva que celebra o 17 aniversario.
Rúa Sto Domingos, 33 Ourense

Eneida. Toxosoutos

Un Poldras ilustra a portada da versión galega da Eneida, de Virxilio. Versión de Xoán Fuentes Castro, publicada por Toxosoutos este 2013

Louvanza da loucura en Cangas

Continúa a itinerancia da loucura....
Inauguración no Auditorio Municipal de Cangas o 1 de febreiro ás 20,00 h

Sen Límites na Casa dos Poetas de Celanova


O día 4 ás 12,00 h a Carpeta de gravados Sen Límites participará nos actos de clausura do ano de Celso Emilio Ferreiro en Celanova
El día 4 a las 12,00 h la Carpeta de grabados Sen Límites participará en los actos de clausura del año de Celso Emilio Ferreiro en Celanova

o proceso de Sen Límites

Neste enlace podedes ver como se cociñou a última carpeta que presentamos vai uns días:
En este enlace podéis ver cómo se cocinó la última carpeta que presentamos hace unos días:
Minuto, 15: 45

Sen Límites

No Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, preséntase o luns 12 de novembro.
Partindo da idea de límite que aplica Nelson Bardón na arquitectura, e coa súa colaboración, presentamos Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras unha carpeta de gravados onde se recollen poemas de X.L. Méndez Ferrín, M.Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, en texto, braille e unha imaxe froito da interpretación en linguaxe de signos.
En el Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, se presenta el lunes 12 de novembro.
Partiendo de la idea de límite que aplica Nelson Bardón en arquitectura, y con su colaboración, presentamos Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras unha carpeta de grabados donde se recogen poemas de X.L. Méndez Ferrín, M.Curros Enríquez y Celso Emilio Ferreiro, en texto, braille y una image fruto de la interpretación en linguage de signos.

artestr@za

Este verán comezou a itinerancia do proxecto no que participan múltiples artistas con obras sobre o papel de estraza que se elaboraba na fábrica de O Lousado en Piñor de Cea.
Este verano comenzó la itinerancia del proyecto en el que participan múltiples artistas con obras sobre el papel de estraza que se elaboraba en la fábrica de O Lousado en Piñor de Cea.

clausurada a Louvanza da loucura en Ourense

Para quen non puidera visitar a exposición, recollemos un enlace á TVG e outro a Miradas 2, minuto 12:40, con redacción de Domingo Bobillo.
Para quien no pudiera visitar la exposición, recogemos un enlace a la TVG y otro a Miradas 2, minuto 12:40, con redacción de Domingo Bobillo.

O catálogo da loucura


O mércores 11 de abril ás 20,00h, inauguramos Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Poldras, a visita da exposición Louvanza da loucura ao Museo Municipal de Ourense; esta mostra leva itinerando por diversas salas desde o 2008, cando a presentamos en Madrid, na feira internacional de gravado Estampa.
A versión en pdf do catálogo pódese pedir neste blog.
El miércores 11 de abril a las 20,00h, inauguramos Isabel Somoza, Xabier de Sousa y Poldras, la visita de la exposición Louvanza da loucura al Museo Municipal de Ourense; esta muestra ha itinerado por diversas salas desde 2008, cuando la presentamos en Madrid, en la feira internacional de gravado Estampa.
La versión en pdf del catálogo se puede pedir en este blog.

disfrácese de borrego

Este entroido dísfracese vostede de borrego, non se moleste en mudar a roupa, poña só esta barata máscara (imprimir e recortar) e mellor aínda en grupo, a facer un bo magote; neste caso teña en conta a posibilidade de que un/unha de vostedes poña a máscara dun lider carismático preferiblemente non relixioso, político mellor.
Ollo! pode facer un negativo da imaxe e disfrazarse de ovella negra. Anímese!
Este carnaval dísfracese usted de borrego, no se moleste en cambiar la ropa, ponga sólo esta barata careta (imprimir y recortar) mellor aún en grupo, y a hacer un buen rebaño; en este caso tenga en cuenta la posibilidad de que un/a de ustedes ponga la máscara de un lider carismático preferiblemente no religioso, político mejor.
Ojo! puede hacer un negativo de la imagen y disfrazarse de oveja negra. Anímese!